Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Bóla de manteiga / Ana Presunto

por Presunto, Ana [autor/a]; Suarez, Iván [ilustrador/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra :OQO ,2006 Edición: 1ª ed.Descrición: 44 p. :il. cor ;24cm.ISBN: 9788496573536.Materia(s): 1º Ciclo e Infantíl | Cuento noruegoRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Era unha vez un neno comellón, que pasaba o día a xogar. Un día petou na porta da súa casa unha bruxa cun saco, que viña coa intención de levalo… Na literatura europea podemos atopar moitas clases de bruxas. A súa natureza e funcións difiren segundo a época histórica, a clase social, a localización xeográfica… porén, todas presentan certos trazos recorrentes nas distintas tradicións, como a sabedoría e os poderes de orixe sobrenatural. Aínda que nun principio, estas antigas crenzas da vella Europa, poidan ser a causa do pulo desta figura dentro da literatura infantil, o certo é que a bruxa —quizais tamén por ser unha personaxe que estimula a fantasía e a imaxinación— chegou ata os nosos días convertida nun fetiche lúdico, e arestora aparece tanto nos contos tradicionais como nas novas creacións literarias. En Bóla de Manteiga acharemos moitos dos elementos propios dos relatos populares europeos, como por exemplo, as repeticións típicas dos contos infantís e o ritmo trepidante da acción. A teimosía da bruxa por conseguir o seu propósito non coñece límites. Por tres veces, trata de enganar a Bóla de Manteiga, ofrecéndolle agasallos tentadores, e ata tres veces cae o cativo na trampa da bruxa: o saco, un obxecto cunha gran carga simbólica. Nada semella máis arrepiante que caer no saco da bruxa; pero o espelido rapaz, con astucia, logrará fuxir do perigo en todas as ocasións. Finalmente, será a bruxa, a que acabe abrasada no caldeiro, co que a personaxe perversa ficará burlada e enganada, vítima do seu propio castigo. Este conto tradicional noruegués tamén se localiza con pequenas variantes noutras literaturas europeas. Relaciónase sobre todo co Pierino Pierone, recompilado por Calvino nos seus contos populares italianos, e segundo o propio Calvino e outros estudosos do folclore europeo, algúns dos contos catalogados como noruegueses, na realidade, son contos que chegaron a ese lugar, da man das vendedoras de froita italianas.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CRA Ponte da Pedra
Sala préstamo
82-N PRE bol Prestado 29/12/2024 CEG001000000294

Era unha vez un neno comellón, que pasaba o día a xogar. Un día petou na porta da súa casa unha bruxa cun saco, que viña coa intención de levalo…



Na literatura europea podemos atopar moitas clases de bruxas. A súa natureza e funcións difiren segundo a época histórica, a clase social, a localización xeográfica… porén, todas presentan certos trazos recorrentes nas distintas tradicións, como a sabedoría e os poderes de orixe sobrenatural. Aínda que nun principio, estas antigas crenzas da vella Europa, poidan ser a causa do pulo desta figura dentro da literatura infantil, o certo é que a bruxa —quizais tamén por ser unha personaxe que estimula a fantasía e a imaxinación— chegou ata os nosos días convertida nun fetiche lúdico, e arestora aparece tanto nos contos tradicionais como nas novas creacións literarias.



En Bóla de Manteiga acharemos moitos dos elementos propios dos relatos populares europeos, como por exemplo, as repeticións típicas dos contos infantís e o ritmo trepidante da acción.



A teimosía da bruxa por conseguir o seu propósito non coñece límites. Por tres veces, trata de enganar a Bóla de Manteiga, ofrecéndolle agasallos tentadores, e ata tres veces cae o cativo na trampa da bruxa: o saco, un obxecto cunha gran carga simbólica. Nada semella máis arrepiante que caer no saco da bruxa; pero o espelido rapaz, con astucia, logrará fuxir do perigo en todas as ocasións. Finalmente, será a bruxa, a que acabe abrasada no caldeiro, co que a personaxe perversa ficará burlada e enganada, vítima do seu propio castigo.



Este conto tradicional noruegués tamén se localiza con pequenas variantes noutras literaturas europeas. Relaciónase sobre todo co Pierino Pierone, recompilado por Calvino nos seus contos populares italianos, e segundo o propio Calvino e outros estudosos do folclore europeo, algúns dos contos catalogados como noruegueses, na realidade, son contos que chegaron a ese lugar, da man das vendedoras de froita italianas.

4º-5º-6º Educación Infantil

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha