"A princesa cortou a trinca e teceu con ela unha escada. Salvouse soa. E mudou o conto."
Estes son os relatos que temos que contarnos as unhas ás outras, e tamén aos outros, para poder empezar a escribir tod@s xunt@s unha historia distinta. Contos únicos e actuais para dar paso a un futuro no que as rapazas se salven soas e os rapaces non teñan medo a pedir axuda.