A noite das mudanzas / Pep Bruno ; ilustracións de Lucie Müllerová
por Bruno, Pep; Müllerová, Lucie.
Tipo: LibroSeries: Colección 0.Editor: Pontevedra :OQO Editora ,2008 Edición: 1ª ed. marzo de 2008.Descrición: 40 p :il. cor. ;23 cm.ISBN: 9788498710328.Materia(s): Animales de la granja | Animais domésticosTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CRA Ponte da Pedra Sala préstamo | 82-N BRU noi | Dispoñible | CEG001000000490 |
|
Granxeiro Leiro daba voltas e máis voltas na cama, pero non podía durmir: esquecera tomar o seu vaso de leite! Ergueuse coa idea de ir muxir a vaca, pero aquela era a noite das mudanzas e, cando chegou á corte, atopou… Os máis pequenos senten unha curiosidade innata polos animais e polas súas características. Se a isto engadimos, o pensamento animista, segundo o cal, as crianzas, mediante un mecanismo de analoxía, lles atribúen aos animais a capacidade de pensar, actuar ou falar como os humanos, velaí a explicación do éxito dos contos de animais entre os cativos. Con este álbum, os nenos achéganse aos animais da granxa dunha maneira distinta e divertida. Cunha proposta de texto sinxela, mais lúdica e imaxinativa, o álbum apóiase na complicidade da imaxe e na súa intensidade narrativa para provocar nos lectores a curiosidade, a sorpresa e, finalmente, o sorriso. Un libro para que adiviñen o que vai pasar, para que recorden o que hai detrás de cada páxina, e para que descubran ata onde pode chegar a imaxinación exaltada dos animais nunha noite de mudanzas. A ilustradora checa Lucie Müllerová, a partir do seu orixinal e particular imaxinario creativo compón simpáticos personaxes de animais, e cada un deles cunha personalidade propia, o que reforza aínda máis o efecto humorístico do texto.