Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Contos por teléfono / Gianni Rodari ; ilustracións de Pablo Otero ; tradución, Carlos Acevedo

por Rodari, Gianni; Otero, Pablo [ilustrador/a]; Acevedo, Carlos [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra :Kalandraka ,2019 Edición: 2ª.Descrición: 155 p :il. cor ;19cm.ISBN: 9788484647591.Materia(s): Contos | Relatos breves
Contido:
Os 70 relatos deste libro maxistral son alfaias da literatura breve, exercicios de grande imaxinación adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben de clásicos como a Alicia de Lewis Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos inexistentes nomeados con palabras inventadas. Gianni Rodari -do que se vai cumprir o seu centenario- xoga coa sonoridade da linguaxe, practica unha escrita metafórica de frases curtas e directas coa que potencia a oralidade. Combinando historias intrigantes, ledas, entrañables ou tristes, “Contos por teléfono” tamén reivindica a liberdade, rexeita a guerra e activa a reflexión por parte dos lectores. Sería moi complexo escoller un favorito porque todos son cativadores, frescos e cun final do máis sorprendente.
Resumo: Era unha vez... o Sr. Bianchi, de Varese. Era representante de comercio e seis de cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia, do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio, vendendo medicamentos. O domingo volvía á casa, e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes de partir, a filla dicíalle: «Por favor, papá: cada noite, un conto».
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CRA Ponte da Pedra
Sala préstamo
82-N ROD con Dispoñible CEG001000000468

Os 70 relatos deste libro maxistral son alfaias da literatura breve, exercicios de grande imaxinación adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben de clásicos como a Alicia de Lewis Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos inexistentes nomeados con palabras inventadas. Gianni Rodari -do que se vai cumprir o seu centenario- xoga coa sonoridade da linguaxe, practica unha escrita metafórica de frases curtas e directas coa que potencia a oralidade.

Combinando historias intrigantes, ledas, entrañables ou tristes, “Contos por teléfono” tamén reivindica a liberdade, rexeita a guerra e activa a reflexión por parte dos lectores. Sería moi complexo escoller un favorito porque todos son cativadores, frescos e cun final do máis sorprendente.

Era unha vez... o Sr. Bianchi, de Varese. Era representante de comercio e seis de cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia, do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio, vendendo medicamentos. O domingo volvía á casa, e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes de partir, a filla dicíalle: «Por favor, papá: cada noite, un conto».

3º-4º Primaria

5º-6º Primaria

Coa tecnoloxía Koha