Carbonell, Paula

Galiño pelado / texto de Paula Carbonell ; ilustracións de Philip Giordano - 1ªED/XANEIRO/2013 - Pontevedra :OQO Editora ,2012 - 36 páx :il. cor. ;24 cm - Colección 0 .

Había unha vez un galiño que só pensaba en comer. Pasaba o día buscando comida e tragando todo o que atopaba. Esta afirmación non é hiperbólica. Galiño Pelado engulía literalmente todo o que atopaba ou entorpecía o seu camiño. No entanto, unha mañá viu un papeliño e, cando o ía papar, leu o que poñía: O rei daríalle un saco de ouro a quen llo entregase. Galiño Pelado aledouse, pero non polo botín, senón porque pensou que se entregaba aquel papeliño ao rei, camiño de palacio atoparía “moitas cousas ricas”. E, con esta motivación comellona, botouse a andar. O súa obstinada determinación e a súa ilimitada gula provocan que calquera elemento, animal ou cousa que se cruza no seu camiño acaben no seu estómago. O galo abre o peteiro e trágao! Da súa voracidade non se libra nin o mar nin unha cabana (cun leñador dentro) nin un formigueiro nin tan sequera un raposo! Nesta adaptación do conto popular valenciano Mig pollastre (Medio pitiño), de Paula Carbonell, o que engule o protagonista debe interpretarse, metaforicamente, como experiencias asimiladas, xa que, finalmente, o que traga acaba converténdose nunha valiosa ferramenta da que saca proveito. Aquilo que inicialmente se lle presenta a Galiño Pelado como un obstáculo no seu obxectivo será a solución a unha encrucillada vital. O relato confirma que cada problema resolto enriquece e convértese nunha especie de chave que axuda a facer fronte ao seguinte. “Galiño Pelado é aquel que pasa polo mundo tendendo a man e, sen el procuralo, ao final é axudado polos seus amigos”, resume Paula Carbonell. Esta calidade do protagonista estaba presente no relato orixinal, Mig pollastre, historia que forma parte da vida da escritora, ata o punto de que o seu primeiro álbum A viaxe das bolboretas é unha homenaxe a este conto. “Supoño que o meu Galiño Pelado ten que ver coa miña forma de entender o mundo”, apunta Paula Carbonell. Unha perspectiva que comparte o ilustrador, Philip Giordano, quen ve nesta historia —e, en concreto, na súa resolución — un encomio á amizade. “Ao final, esta ‘máquina’ que devora todo o que atopa, fainos sorrir e parécenos máis humano”, subliña o ilustrador italiano.

9788498714265


Galos
Gallos

82-3 / 82-N

Coa tecnoloxía Koha