Villar, Miro

Carlota a marmota / Miro Villar ; ilustracións, Enjamio - 1ª ed. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2000 - [32] p. :col ;20cm - Merliño .

A renovada colección «Merlín» ofrece unha nova serie para os primeiros lectores: «Merliño». Libros de grande formato, ilustrados a catro cores, historias significativas, textos sinxelos, secuencias breves nuns libros concibidos para ser lidos directamente por novos lectores ou por persoas adultas a nenos máis pequenos.

Carlota era unha marmota do tamaño dos humanos que tiña un gravísimo problema: non podía durmir. Cando chegou o inverno todas as súas compañeiras metéronse nas tobeiras a durmir, agardando que a calor do estío as fose espertando a modiño. Carlota, sen embargo, nin quecía, nin durmía, non descansaba e ergueuse moi decidida na procura dos consellos de Rosa a osa, de Ramón o leirón, de Pastor o castor... Será Uxío, o esquío quen, case sen querer, dea coa solución que fai durmir a Carlota.

8497824229


Viaxes


Animais

82-38 82P-G 087.5:821

Coa tecnoloxía Koha